Verificacións de certificados

COMPROBAR OS REQUISITOS DO EQUIPO

En primeiro lugar debería de comprobar que o seu equipo ten os requisitos de equipamento necesarios para acceder a ela e traballar na Sede electrónica. Tratase de comprobar se ten instalado a versión de Java adecuada e se pode asinar electrónicamente co miniapplet de @FIRMA.

Teña en conta que antes de facer as comprobacións pode ter que contestar algunha/s preguntas de seguridade de Java, e que logo da comprobación do MiniApplet @firma pode comprobar o acceso ao almacén de certificados do seu equipo a través do enlace Mais información que aparece debaixo da versión detectada.

A ferramenta para facer a comprobación é do Ministerio de Empleo e Seguridade Social (MEYSS), que a cede a quen desexe facer uso dela. Pode acceder á ferramenta no seguinte enlace:

Verificación automática no seu equipo dos requisitos para a Sinatura Electrónica co miniapplet de @FIRMA

VALIDAR O CERTIFICADO DA SEDE

Segundo establece o artigo 6.1 d) do Real Decreto 1671/2009, de 6 de novembro de 2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, toda sede electrónica disporá dun sistema de verificación dos certificados da sede, que estará accesible de forma directa e gratuíta.

Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións dos cidadáns se realizan a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros. Pode comprobar que o certificado da Sede Electrónica do Concello de Monforte de Lemos (na que se atopa nestes intres), é valido e non está revocado. Farémolo accedendo o enlace da  Plataforma Valide do Ministerio da Presidencia e seguindo estas instrucións:

  1. No apartado Escolla a URL a validar: Introduza a dirección da nosa Sede (https://sede.monfortedelemos.es)
  2. Introduza o Código de seguridade e prema sobre o botón Validar

Verá o resultado da validación e poderá descargar, se o desexa ou o precisa, un xustificante da validación. Tamén pode consultar a información do certificado. Estas dúas opcións están dispoñibles na mesma pantalla onde fixemos a validación, na parte inferior.

OUTRAS POSIBILIDADES

Na Plataforma Valide tamén se poden realizar outras operacións destinadas a validar ou probar diversos aspectos da identificación e a sinatura electrónica (Comprobar a validez do seu certificado persoal, Asinar un documento co seu certificado ou co DNIe, Consultar a validez da sinatura dun documento, Xerar un documento con información sobre as firmas dun documento, etc).