Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Requisitos

Acceso, autenticación e sinatura

Para poder beneficiarse de todas as posibilidades que ofrece este sistema o cidadán deberá dispoñer dun certificado dixital conforme coas indicacións que pode consultar no apartado Sistema de autenticación e sinatura desta mesma sede. Necesita o mesmo que se utiliza con outras administracións como a Seguridade Social para obter a vida laboral, ou a Axencia Tributaria para realiza-la declaración da renda por Internet. Os certificados dixitais garantizan a legalidade das transaccións realizadas por Internet e permiten asinar os documentos electrónicamente, para darlles validez xurídica.

Os REQUISITOS MÍNIMOS que deberá ter o equipo mediante o cal se acceda á sede non son distintos dos que son necesarios para acceder a outras sedes electrónicas da administración. Por elo facilitámoslle o enlace a una páxina onde pode verificar este aspecto: VERIFICACIÓN AUTOMÁTICA EN SU EQUIPO DE LOS REQUISITOS PARA LA FIRMA ELECTRÓNICA CON EL MINIAPPLET DE @FIRMA. Nesta páxina tamén poderá realizar os test de firma.

Recomendámoslle que en caso de non cumprir algún dos requerimentos ou de dúbida sobre calquera aspecto relacionado con este tema, se poña en contacto co seu proveedor de sistemas informáticos. Na maioría dos casos son pequenos detalles os que nos impiden operar de forma correcta coas TIC'S (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Débese de ter en conta tamén que A SEDE É UNHA PÁXINA WEB, e polo tanto en momentos puntuais o acceso e a operatividade poden ralentizarse por causas como a sobracarga da rede, o volume de accesos concurrentes, etc.    

Software necesario

Todo o software que precisa esta sede é gratuito e de libre descarga polo usuario. En ningún caso se precisa de pago de ningún tipo de lizenzas de uso. Con carácter xeral será necesario o software que se indica no apartado Programas e aplicacións desta mesma sede. O usuario pode optar, se o desexa, polo emprego de software propietario para estas mesmas funcións.