Protección de datos

O acceso á web do Concello de Monforte de Lemos (www.monfortedelemos.es) e a correspondente sede electrónica (https://sede.monfortedelemos.es) é totalmente anónimo. Nas páxinas de Carpeta cidadán Tramitación, logo da inequívoca identificación e autenticación mediante calquera dos certificados admitidos, solicítanse aos usuarios datos de carácter persoal (Nome, apelidos, dirección, etc.) para poder realizar as consultas e/ou tramitacións solicitadas, cumprindo as condicións de seguridade e confidencialidade esixidas pola lexislación vixente.

En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro polo que se desenvolve a mencionada Lei informámoslle de que presta o seu consentimento expreso e inequívoco para o tratamento dos seus datos persoais de acordo co establecido nos parágrafos seguintes:

  • Os seus datos serán incluídos en un ou varios ficheiro/s debidamente inscrito/s no Rexistro Xeral de Protección de Datos. O responsable do devandito ficheiro é o Concello de Monforte de Lemos, con NIF P2703100D e domicilio en Praza Campo de San Antonio, s/n - 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

  • En función da finalidade coa que vostede accedeu a esta sede electrónica, a información que nos facilite utilizarase para exclusivamente para xestionar a súa consulta, suxestión ou solicitude. Toda a información que se recolle nesta sede electrónica é tratada cunha absoluta e estrita confidencialidade.

Se vostede desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo mediante comunicación dirixida a:

Concello de Monforte de Lemos
Campo de San Antonio, s/n
27400 Monforte de Lemos (Lugo)