Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Protección de datos

Só para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico os usuarios/as haberán de fornecer os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado. Estes datos incorporaranse aos correspondentes ficheiros informatizados do Concello de Monforte de Lemos (en adiante O CONCELLO) e serán tratados de conformidade coa regulación establecida (artigos 4, 5 e 6) na Lei Orgánica de Protección de Datos (en adiante LOPD) e demais disposicións de aplicación.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento do interesado/a ou de acordo co previsto (artigos 11 e 12) na citada LOPD.

Do mesmo xeito, e de acordo co disposto no Título III da LOPD, as persoas cuxos datos persoais consten nun ficheiro informatizado do CONCELLO poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na forma prevista, ante o órgano responsable do ficheiro.

No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á seguinte dirección:

Campo de San Antonio, s/n
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Telefono: 982 40 25 01