Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Portal de Transparencia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.

A Lei aplícase a todas as Administracións públicas e a todo o sector público estatal, así como a outras institucións, como son a Casa da súa Maxestade El Rey, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional, o Congreso dos Deputados, o Senado, o Banco de España, o Defensor do Pobo, o Tribunal de Contas, o Consello Económico e Social e as institucións autonómicas análogas, en relación coas actividades suxeitas a Dereito Administrativo.

A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.

QUE É O PORTAL DA TRANSPARENCIA DO CONCELLO?

É a plataforma, dependente do Concello de Monforte de Lemos, pola que se poderá acceder á información da administración municipal prevista na Lei, cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. Tamén conterá a información que os cidadáns soliciten con maior frecuencia en exerciciodo dereito de acceso á información pública e as resolución denegatorias do dereito de acceso, previamente anonimizadas.