Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Portal de Transparencia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.

A nivel autonómico, a Xunta de Galicia publicou a Ley 1/2016, de 18 de enero, de Transparencia y Buen Gobierno, nuns termos parecidos ós da norma mencionada no parágrafo anterior. 

A normativa sobre transparencia aplícase a todas as Administracións públicas e a todo o sector público estatal, así como a outras institucións, como son a Casa da súa Maxestade El Rey, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional, o Congreso dos Deputados, o Senado, o Banco de España, o Defensor do Pobo, o Tribunal de Contas, o Consello Económico e Social e as institucións autonómicas análogas, en relación coas actividades suxeitas a Dereito Administrativo.

A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.

QUE É O PORTAL DA TRANSPARENCIA DO CONCELLO?

É a plataforma, dependente do Concello de Monforte de Lemos, pola que se poderá acceder á información da administración municipal prevista na Lei, cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. Tamén conterá a información que os cidadáns soliciten con maior frecuencia en exerciciodo dereito de acceso á información pública e as resolución denegatorias do dereito de acceso, previamente anonimizadas.