Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Acceso a Plataforma FACe

Remitir facturas

A través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado, o que lle facilitamos acceso dende aquí, poderá presentar e consultar o estado das súas facturas electrónicas ante calquera das múltiples Administracións Públicas adheridas ao sistema, con independencia do tipo de administración do que se trate (Estatal, Autonómica ou Local).

Lembre que necesitará identificarse e asinar electrónicamente para operar nesta plataforma (salvo nos casos en que puntualmente se lle informe de que non é necesario ou de que pode utilizar outros medios de acceso e identificación). Para consultar máis sobre este tema, consulte nesta mesma sede o apartado Sistema de autenticación e sinatura.

Precisará tamén, para a maioría das operacións, coñecer os códigos DIR3 do organismo concreto ao que pretenda dirixirse dentro da plataforma FACe. Pode consultalos nas opcións denominadas Directorio ... desta mesma páxina. No caso de que precise os códigos do Concello de Monforte de Lemos (ou do seu organismo autónomo, o Instituto Municipal de Drogodependencias) pode consultalos no apartado Información xeral desta mesma páxina.

Ante as dúbidas que poden xurdir respecto da aplicación das regras de validación incluidas no novo anexo II da Orde HAP/492/2014, de 27 de marzo, introducido mediante a Orde HAP/1650/2015, de 31 de xullo, publicouse no portal da Intervención Xeral da Administración do Estado un documento coa equivalencia entre os campos que figuran no anexo de validacións e as correspondentes etiquetas do formato Facturae, ao que se pode acceder mediante este enlace.

Utilice as ligazóns que se facilitan á dereita para acceder ao apartado desexado da plataforma FACe. Estas ligazóns corresponden a páxinas externas alleas ao control directo do Concello de Monforte de Lemos e a súa accesibilidade e funcionamento son responsabilidade do propietario das devanditas páxinas. Se observa calquera incidencia sobre os devanditos aspectos, rogámoslle comuníquenola para solicitar a súa corrección.