Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

¡¡MOI IMPORTANTE!! - Expedientes padroais con fin de prazo de actuación inminente

14 Sep, 2020 08:10 Por: Ramón Pérez

O Concello publica a relación de cidadáns con expedientes padroais abertos en catro modalidades, con prazo de actuación de caducidade inminente

Ao amparo do disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que di:

"Artigo 44. Notificación infrutuosa. …. Asómesmo, previamente e con carácter facultativo, as Administracións poderán publicar un anuncio no boletín oficial da Comunidade Autónoma ou da Provincia, no taboleiro de edictos do Concello do último domicilio do interesado ou do Consulado ou Sección Consular da Embaixada correspondente.

Artigo 45. Publicación. Os actos administrativos serán obxecto de publicación cando así o establezan as normas reguladoras de cada procedemento ou cando o aconsellen razóns de interese público apreciadas polo órgano competente."

O Concello publica a relación de habitantes con expedientes padroais abertos nas seguintes modalidades:

Cidadáns estranxeiros: Renovación da inscrición padroal ou Confirmación de residencia, segundo a nacionalidade.

Cidadáns españois e estranxeiros: Actualización do nivel de instrución ou Aportación de DNI para españois maiores de 16 anos.

Os prazos para que os cidadáns que figuran como titulares destes expedientes poidan acudir ás oficinas municipais de Padrón de Habitantes para realizar as operacións requiridas en cada caso están moi próximos a caducar.

A non actuación por parte dos interesados pode ter consecuencias na súa inscrición padroal. En concreto:

Os expedientes de Renovación da inscrición padroal causan a baixa do habitante por caducidade da inscrición. Esta baixa resolvese por resolución de Alcaldía coa data en que caduque a inscrición.

Os expedientes de Confirmación de residencia causan a apertura dun expediente de Baixa por inclusión indebida, a cuxo termino se procederá á cancelación da inscrición padroal.

Os expedientes de Aportación de DNI para españois maiores de 16 anos causan a baixa do habitante por inclusión indebida con data do 31 de decembro do ano en que se comunique a incidencia.

Para ver a relación de habitantes afectados, faga clic aquí