Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Eleccións 2019: Voto de cidadáns estranxeiros

31 Oct, 2018 09:47 Categoría: Noticias Estatística - Padrón de Habitantes
Por: Ramón Pérez

Información importante sobre a posibilidade de voto dos cidadáns estranxeiros nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo a celebrar no ano 2019

O día 26 de maio de 2019 celebraranse eleccións municipais e ao Parlamento Europeo. Nestas eleccións poderán votar os nacionais de países da Unión Europea e de países que asinen con España un Acordo de reciprocidad de voto en eleccións municipais. Para a formación do censo electoral de estranxeiros residentes en España (CERE) a Oficina do Censo Electoral (OCE) trasladou a todos os Concellos a información relativa a este asunto, con referencia ós procesos electorais en que pode participar cada colectivo, os requisitos que deberán de cumprir para poder votar, os métodos polos que poderán inscribirse e os prazos para levar a cabo dita inscrición.

Os colectivos aos que están destinadas estas información son os CIDADÁNS RESIDENTES EN ESPAÑA que sexan:

  1. NATURAIS DE PAISES DA UNIÓN EUROPEA, -AGÁS OS ESPAÑOIS-.

  2. NATURAIS DE PAISES CON ACORDOS SOBRE A VOTACIÓN EN ELECCIÓNS MUNICIPAIS.

As condicións, requisitos e prazos varían en función de a cal destes dous colectivos se pertenezca, polo que se recomenda consultar o documento informativo que se pode descargar na ligazón correspondente ao pe destas liñas. Do mesmo xeito, os impresos para realizar a manifestación de intención de voto tamén son distintos en función da pertenza a un ou outro dos colectivos mencionados, e tamén se poden descargar na ligazón correspondente ao pe destas liñas.

Os cidadáns pertencentes ao colectivo indicado no número 1 (CIDADÁNS DA U.E. NON ESPAÑOIS):

  • Poderán votar tanto nas eleccións municipais coma nas eleccións ao Parlamento Europeo.

  • Deberán de manifestar (declarar formalmente) a súa intención respecto a ambos procesos electorais.

  • O impreso, unha vez cumprimentado e asinado polo solicitante, debe de ser dilixenciado polo Concello para o seu envío á Oficina do Censo Electoral (Instituto Nacional de Estadística).

  • O prazo para manifestar a súa intención XA ESTÁ ABERTO, e remata o día 30 de XANEIRO de 2019.

Os cidadáns pertencentes ao colectivo indicado no número 2 (CIDADÁNS DE PAISES CON ACORDOS):

  • Poderán votar SOAMENTE nas eleccións municipais.

  • Deberán de manifestar (declarar formalmente) a súa intención respecto a ambos procesos electorais.

  • O impreso, unha vez cumprimentado e asinado polo solicitante, debe de ser dilixenciado polo Concello (neste caso coa sinatura do Sr. Secretario e o visto e prace do Sr. Alcalde) para o seu envío á Oficina do Censo Electoral (Instituto Nacional de Estadística).

  • O prazo para manifestar a súa intención COMEZA o día 01 de DECEMBRO de 2018 e remata o día 15 de XANEIRO de 2019.

LIGAZÓNS A DOCUMENTO INFORMATIVO e IMPRESOS DE MANIFESTACIÓN DE INTENCIÓNS

Documentos informativos:

Documentos de manifestación de intención de voto (declaración formal):