Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Catálogo de trámites (actualizado 14-09-2018) - Novos procedementos

14 Sep, 2018 11:42 Categoría: Novas da Sede
Por: Ramón Pérez

Actualizado o catálogo de trámites disponibles na Sede Electrónica do Concello coa incorporación de catro novos procedementos.

A Sede Electrónica do Concello de Monforte de Lemos ten novos procedementos engadidos o catálogo de trámites. Todos presentan unha amplia información sobre o procedemento en cuestión, con indicacións acerca do nivel de implantación alcanzado neste momento, o obxecto ou finalidade que se persigue, os modos e lugares de presentación da solicitude de iniciación, a identificación do área municipal encargada da tramitación, a implicación (no seu caso) de outras administracións, os prazos (de habelos), as taxas (de habelas), etc.

Tamén se permite a descarga dos formularios destinados á xestión presencial. Estes impresos facilítanse en duas versións:

  1. Un documento (formato PDF) para descargar e cubrir a bolígrafo (manualmente).

  2. Un formulario PDF para descargar e cubrir con ordenador.

Os procedementos engadidos son:

  • Cambio de titularidade de actividades económicas

  • Certificados de situación e datos padroais

  • Inscrición nas Escolas Deportivas Municipais

  • Matrícula na Escola Municipal de Música e Danza

O Certificado de situación e datos padroais trátase en realidade dun "multi-procedemento", xa que permite obter os documentos correspondentes e relacionados coa situación padroal na que se atopa o solicitante (Alta ou Baixa) e a causa de dita situación padroal (Nacemento, Cambio de residencia, Cambio de domicilio, Emigración, Traslado, Defunción, etc.). En concreto, os documentos que se poden obter son os seguintes:

  • Comunicado de alta

  • Certificado de alta

  • Certificado de baixa

  • Certificado de defunción (sen indicación de convivencia) (1)

  • Certificado de defunción (con indicación de convivencia) (1)

  • Certificado de residencia

  • Certificado de nacemento (1)

(1) Estes certificados EN NINGÚN CASO SUSTITÚEN AOS EMITIDOS POLO REXISTRO CIVIL (Ministerio de Xustiza). Os aquí ofrecidos informan e certifican das datas e os lugares de nacemento e/ou defunción QUE CONSTAN NA INSCRICIÓN PADROAL DO CONCELLO.

Prema nesta ligazón para acceder o Catálogo de Trámites e Servizos do Concello de Monforte de Lemos.