Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Instale Autofirma para mellorar a sinatura dixital

10 Sep, 2018 14:42 Categoría: Novas da Sede

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (MHAP) recomenda a utilización de Autofirma en substitución do obsoleto @firma

AutoFirma é unha aplicación de escritorio do Ministerio de Facenda e Función Pública que lle permite realizar a firma electrónica dunha solicitude no seu equipo, de forma sinxela e sen necesidade de utilizar o compoñente de firma Miniapplet.

AutoFirma permite a execución de operacións de firma de ficheros locais en contornas de escritorio (Windows, Linux e Mac VOS X). Tamén pode utilizarse a través de consola ou ser invocada por outras aplicacións mediante protocolo para a ejecución de operacións de firma.

Esta ferramenta fai uso das claves privadas asociadas aos certificados do usuario e non permite que estes saian en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador) localizado no seu PC.

Así, non almacena ningún tipo de información persoal do usuario, nin fai uso de cookies nin ningún outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si almacena trazas da súa última ejecución a efectos de ofrecer soporte ao usuario no caso de atopar algún erro. Estas trazas de ejecución non conteñen ningún tipo de información persoal e a aplicación non facilita de ningún xeito o acceso a estes datos almacenados.

Pode consultar máis información e descargar Autofirma facendo clic aquí.