Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Consulte o estado (fase de instrucción) dos seus procedementos

10 Sep, 2018 13:35 Categoría: Novas da Sede

O Concello de Monforte de Lemos incorpora á Sede Electrónica a posibilidade de consultar o estado de tramitación dos expedientes administrativos

Esta posibilidade só contempla aqueles expedientes instruidos de forma electrónica a través do xestor de procedementos da entidade. Permite coñecer a situación (fase de procedemento) en que se atopa o expediente e consultar e/ou descargar calquera documento do expediente, tanto os aportados polo interesado coma os xerados no Concello durante a tramitación.

Para poder acceder á consulta de expedientes é necesario identificarse previamente na Sede mediante certificado dixital ou DNIe. Unha vez feito iso, mostrarase a listaxe dos expedientes nos que a persoa identificada ten a calidade de interesado. Para simplificar a visualización permítese filtrar a mesma por tipo (modalidade) de procedemento. En cada expediente permítese ver TODOS os documentos que constan nel e, como se dixo, descargar aqueles que interesen, coa posibilidade de descargalos TODOS xuntos nun único documento ou soamente aqueles que se seleccionen.