Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020. Consulta e/ou reclamación o Censo Electoral

22 May, 2020 13:03 Categoría: Noticias Estatística - Padrón de Habitantes
Por: Ramón Pérez - Administrador

O Concello facilita a consulta de datos electorais e as reclamacións ao Censo Electoral referentes ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020

O Concello de Monforte de Lemos ofrécelle a posibilidade de consultar información respecto das eleccións autonómicas do 12 de xullo de 2020. En concreto, as posibilidades de consulta son:

Consultas na Sede Electrónica do Concello de Monforte de Lemos:

Con certificado electrónico ou DNIe:

Só poden consultar os electores empadroados neste Concello (e polo tanto inscritos no seu censo electoral)

Consultas en organismos externos ao Concello de Monforte de Lemos:

Con certificado electrónico ou DNIe:

Sen certificado electrónico nin DNIe:

Utilizanse diferentes criterios de búsqueda, aportando como datos obrigatorios a provincia, o municipio e a inicial do primeiro apelido

Para esta consulta é necesario aportar o identificador (DNI ou pasaporte) e a data de nacemento

Información adicional

Para os temas relacionados có voto por correo, o voto de electores residentes temporalmente no estranxeiro, o voto de electores residentes permanentemente no estranxeiro e outras cuestións relacionadas con este proceso electoral, pode visitar as seguintes páxinas web:

Xunta de Galicia - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020

INE (Instituto Nacional de Estatística) - Oficina do Censo Electoral

RECLAMACIÓN AOS DATOS DO CENSO ELECTORAL

Se vostede no está de acordo cos datos da inscrición do Censo Electoral, pode reclamar ante a Oficina do Censo Electoral (Instituto Nacional de Estatística). Esta reclamación debe de realizala PRESENCIALMENTE nas oficinas do Concello, onde validarán a súa identidade e a veracidade dos seus datos padroais.

Para facer a reclamación, descargue este impreso, cubrao na parte que lle corresponde e entregueo no Rexistro Xeral do Concello (Campo de San Antonio, s/n) xunto cunha copia do seu DNI. O Concello encargarase de transmitir a reclamación á Oficina do Censo Electoral