


Problemas coa sinatura electrónica? … Instale AUTOFIRMA
Se ten problemas coa sinatura electrónica, unha das causas máis probables é o non ter instalada a aplicación AUTOFIRMA
As outras causas máis frecuentes son os problemas de conexión á plataforma @firma para poder verificar os certificados (causada pola falla de conexión a internet ou pola inestabilidade da mesma) e, con menos frecuencia, que o certificado estea caducado.
Neste punto debemos de facer mención aos certificados do DNI electrónico. O DNIe ten incorporados dous certificados electrónicos no chip, un de autenticación (identificación) e outro de sinatura, pero estes certificados non teñen a mesma data de caducidade que o DNI, a súa vixencia máxima é de 60 meses (5 anos).
Hoxe en día a maioría de navegadores (IE, Firefox, Chrome, Opera, Safari, etc.) soportan, cando non esixen, a presencia de Autofirma no entorno onde se executan. Por elo considerase que se debe de ter instalada esta aplicación para garantir o correcto funcionamento das tarefas de identificación e sinatura electrónica.
Autofirma é unha aplicación de balde, facilitada polo Portal de Administración Electrónica (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital - Secretaría Xeral de Administración Dixital). Trátase dunha aplicación de firma electrónica desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que o poder ser executada dende o navegador, permite a sinatura en páxinas da Administración Pública cando se require a mesma nun procedemento administrativo. Ademais de permitir este tipo de sinaturas, tamén permite que o usuario asine seus propios documentos de forma electrónica cós únicos requisitos de ter instalada a aplicación e dispor dun certificado electrónico.
A descarga da aplicación pódese obter facendo clic aquí
Pode acceder á titorías de instalación de Autofirma e outros aspectos da mesma facendo clic aquí
Información xeral para cidadáns, empresas e empregados públicos facendo clic aquí