Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Posta en funcionamento do TABOLEIRO DE EDICTOS e ANUNCIOS

10 Jul, 2017 08:38

O Concello pon en funcionamento o taboleiro de edictos e anuncios na Sede Electrónica da entidade, para que se poida consultar a través de internet calquera dos documentos expostos no taboleiro físico da Casa do Concello.

O sistema permite ver e/ou imprimir calquera dos documentos expostos. O Concello está desenvolvendo melloras neste apartado, para engadir prestacións ao sistema actual. Polo momento permitese filtrar a visualización para consultar os documentos emitidos polo propio Concello ou os remitidos por outras administracións públicas (Xunta, Deputacións, AGE, etc.). Dentro de este apartado de outras administracións inclúense polo momento os procedentes doutras entidades que non son parte da administración pública. A creación dun apartado específico para elas é una das tarefas que se están a desenvolver.

Permítese tamen, dentro de cada procedencia das anteriormente mencionadas, a selección máis concreta coas opcións dispoñibles en función da primeira seleccionada. Por último, permítese acotar a selección entre datas.