Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Interrupción do servizo na Sede Electrónica

16 Jun, 2017 20:05

O Concello comunica unha interrupción puntual do sistema de identificación e sinatura da Sede Electrónica do Concello

Na mañá do día 16 de xuño de 2017, entre as 09:00 e as 12:00 horas (aproximadamente) non estiveron operativos os sistemas de identificación e sinatura da Sede Electrónica do Concello debido as labores de mantemento levadas a cabo para actualizar certos compoñentes da mesma.

Non foi posible advertir con antelación destas labores, tal e como se indica no apartado Interrupcións do servizo, xa que se descoñecía o momento exacto en que se levarían a cabo as actualizacións, o non depender exclusivamente do Concello a totalidade das operacións.

O Concello quere transmitir á cidadanía as súas disculpas polos prexuizos que poida haber causado dita interrupción do servizo.