Entra en funcionamento o SISTEMA DE ALERTAS TELEMÁTICAS

11 Jun, 2018 17:52 Por: Ramón Pérez

O Concello de Monforte de Lemos xa ten en funcionamento o SISTEMA DE ALERTAS TELEMÁTICAS (SAT) que permitirá os cidadáns recibir avisos de notificacións a seu nome emitidas como consecuencia da instrución de procedementos municipales.

E_Notificacion SATO artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no punto 6 que "Con independencia de que a notificación se realice en papel ou por medios electrónicos, as administracións públicas enviarán un aviso ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico do interesado que este comunicase, informándoo da posta á disposición dunha notificación na sede electrónica da Administración ou organismo correspondente ou no enderezo electrónico habilitado único. A falta de práctica deste aviso non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida".

E o artigo 42 de dita Lei establece no punto 1 que "Todas as notificacións que se practiquen en papel deberán ser postas á disposición do interesado na sede electrónica da Administración ou organismo actuante para que poida acceder ao contido delas de forma voluntaria".

Para cumprir con esta normativa, o Concello de Monforte de Lemos pon en funcionamento o SISTEMA DE ALERTAS TELEMÁTICAS, coa denominación abreviada de SAT, coa intención de que calquera persoa (física ou xurídica) que desexe recibir avisos de que ten notificacións pendentes de consultar na sede electrónica da entidade se inscriba para poder utilizar dito servizo.

É necesario deixar claro que, como se dispón no mencionado artigo 42, TODAS AS NOTIFICACIÓNS son postas ao dispor do interesado na Sede Electrónica e pode consultalas sen estar inscrito no SAT. Pero se non está inscrito, deberá de estar pendente da publicación, xa que tal e como se di no artigo 41, a falta de aviso non impide que a notificación sexa considerada como válida. A inscrición no SAT garantiza ao cidadán o envío do aviso de posta a disposición da notificación.

COMO INSCRIBIRSE NO SAT (SISTEMA DE ALERTAS TELEMÁTICAS)

De forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello (Ver: Tramitación > Modalidad General > INSCRIPCIÓN EN PLATAFORMA SAT). Para esta opción necesitará dispor de DNIe ou certificado electrónico.

De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello (Campo de San Antonio, s/n). O impreso para presentar neste caso está dispoñible no área informativa do procedemento telemático mencionado no parágrafo anterior, na pestaña FORMULARIOS GESTIÓN PRESENCIAL.

En ambos casos, para inscribirse necesita facilitar un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono móbil. Lembre que o artigo 41 da Lei 39/2015 establece que "a falta de aviso non impide que a notificación sexa considerada como válida" e polo tanto o Concello NON COMPROBARÁ a existencia, operatividade, dispoñibilidade nin pertenza ao inscrito do mail e do teléfono indicados. O interesado pode darse de baixa ou modificar os datos da inscrición no SAT (mail e/ou telefono) en calquera momento e a través dos mesmos procedementos descritos no inicio deste apartado (telemático ou presencial).

COMO FUNCIONA O SAT

  1. O sistema de xestión do Concello emite unha notificación, rexistrada e asinada dixitalmente, a nome dun interesado "X".

  2. No momento que a tarefa de sinatura dixital se complete, a notificación está dispoñible na Sede Electrónica (Ver: Carpeta cidadán > Notificacións).

  3. Se o interesado "X" está inscrito no SAT, recibe un aviso de que ten esa notificación dispoñible.

  4. Para vela e/ou descargala, o interesado "X" debe de asinar previamente o ACUSE DE RECIBO co seu DNIe ou certificado electrónico.

  5. Transcorridos 10 días naturais dende o momento en que se produce a posta a disposición indicada no punto 2, sen que se teña accedido a ela, a notificación CONSIDERASE PRACTICADA