


Interrupcións do servizo
INTERRUPCIÓNS DO SERVIZO
Son debidas a tarefas de mantemento técnico que poderían afectar a un ou todos os servizos incluídos na Sede Electrónica do Concello. Contémplanse tamén como tales aquelas motivadas por causas alleas ao Concello, entre as que se enumeran:
Caídas do servizo de Internet, que imposibilita o acceso á plataforma que aloxa a sede.
Cortes ou problemas da subministración eléctrica, tanto no Concello como no lugar onde se atopan os servidores que aloxan a sede, que se prolonguen máis aló do tempo que os sistemas de alimentación auxiliares poidan atender.
Caídas ou mal funcionamento de calquera das plataformas de interconexión coas que traballa a sede (@firma, Pasaxe!, etc).
Cando existan interrupcións do servizo programadas serán publicadas coa antelación suficiente nesta sección.