Interrupcións do servizo

INTERRUPCIÓNS DO SERVIZO

Son debidas a tarefas de mantemento técnico que poderían afectar a un ou todos os servizos incluídos na Sede Electrónica do Concello. Contémplanse tamén como tales aquelas motivadas por causas alleas ao Concello, entre as que se enumeran:

  • Caídas do servizo de Internet, que imposibilita o acceso á plataforma que aloxa a sede.

  • Cortes ou problemas da subministración eléctrica, tanto no Concello como no lugar onde se atopan os servidores que aloxan a sede, que se prolonguen máis aló do tempo que os sistemas de alimentación auxiliares poidan atender.

  • Caídas ou mal funcionamento de calquera das plataformas de interconexión coas que traballa a sede (@firma, Pasaxe!, etc). 

Cando existan interrupcións do servizo programadas serán publicadas coa antelación suficiente nesta sección.

INTERRUPCIÓNS DO SERVIZO PLANEADAS: NON EXISTE NINGUNHA NESTE MOMENTO