Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

+ Info sobre perfil do contratante

O artigo 347 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordeamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, di sobre a Plataforma de Contratación do Sector Público, entre outras cousas, o seguinte:

... Os perfís de contratante dos órganos de contratación de todas as entidades do sector público estatal deberán aloxarse de xeito obligatoria na Plataforma de Contratación do Sector Público, gestionándose e difundíndose exclusivamente a través da mesma. Nas páxinas web institucionais destes órganos incluirase un enlace ao seu perfil de contratante situado na Plataforma de Contratación do Sector Público ...

... Os órganos de contratación das Administracións locais, así como os das súas entidades vinculadas ou dependentes poderán optar, de forma excluínte e exclusiva, ben por aloxar a publicación dos seus perfís de contratante no servizo de información que para ese efecto establecese a Comunidade Autónoma do seu ámbito territorial, ou ben por aloxalos na Plataforma de Contratación do Sector Público ...

O Concello de Monforte de Lemos, publica dende o día 28 de novembro de 2017 os seus procedementos de contratación na Plataforma de Contratación do Sector Público. As consultas a procedementos anteriores a esa data faranse a través da ligazón dispoñible o carón destas liñas. O acceso ao novo Perfil do Contratante, na mencionada plataforma estatal, pode facerse a través da ligazón correspondente.