Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

+ Info sobre FACe

Concello de Monforte de Lemos e o seu organismo autónomo, o Instituto Municipal de Drogodependencias, adheríronse ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe - Punto Xeral de Entrada de Facturas que comezou a funcionar con carácter obrigatorio o día 15 de xaneiro de 2015.

Todos os provedores que teñan entregado bens e prestado servizos ao Concello poderán remitir e expedir factura electrónica e, en todo caso, quedarán obrigados a facelo de acordo co artigo 4 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no sector público, os seguintes provedores:

  1. Sociedades anónimas.
  2. Sociedades de responsabilidade limitada.
  3. Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
  4. Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes no territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
  5. Unións temporais de empresas.
  6. Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

De acordo coas Bases de execución do orzamento quedan excluídas desta obriga de facturación electrónica as facturas cuxo importe sexa igual ou inferior a  5.000 euros.

¿Cómo remitir as facturas?

Os provedores poderán remitir as súas facturas e realizar tamén outras xestións a través da plataforma estatal FACE, á que teñen acceso dende o menú Plataforma FACe da esquerda.

Neste enlace correspondente ao Centro de Transferencia de Tecnoloxía do Portal de Administración Electrónica  (Ministerio de Facenda e Función Pública  - Secretaría Xeral de Administración Dixital) poderá consultar e descargar información variada para este asunto (Manuais cos funcionalidades do sistema FACe, programa para xerar facturas electrónicas, etc).

AVISOS IMPORTANTES

Para operar na plataforma FACe necesitarán dun certificado dixital válido emitido por calquera das entidades de certificación recoñecidas. Pode consultar información sobre este aspecto nesta mesma sede, no apartado Sistemas de autenticación e sinatura.

A plataforma FACe que se pode empregar para enviar facturas electrónicas ao Concello de Monforte de Lemos, permite anexar documentos, polo que este Concello ESIXE A INCORPORACIÓN DA FACTURA EN PDF a efectos da súa tramitación.

CÓDIGOS DIR 3 PARA FACTURA ELECTRÓNICA