Calendario de días inhábiles

A Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia fixan anualmente, segundo establece a lei, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos. Este calendario publícase antes do comezo de cada ano nos Diarios Oficiais (BOE E DOGA) de ambas administracións e noutros medios de difusión que garanten o seu coñecemento polos cidadáns. As publicacións coas disposicións para o ano 2017 pode consultalas nestes enlaces:

Calendario Administración Xeral do Estado: Resolución de 27 de decembro de 2016, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece, a efectos de cómputos de prazos, o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2017

Calendario Xunta de Galicia: Decreto 76/2016, de 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2017 

IMPORTANTE: É importante ter en conta que a partir da entrada en vigor da Lei 39/2015 (a partir do 2 de outubro de 2016) os sábados considéranse días inhábiles a efectos de cómputo de prazos.

A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse no Rexistro Electrónico durante as vintecatro horas de tódolos días do ano. Aos efectos do cómputo de prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refiere a cumprimento de prazos polos interesados, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en día inhábil.