Data e hora oficial

A data e hora oficial da sede electrónica é un dos requerimentos básicos para o rexistro electrónico de documentos, escritos e comunicacións que requiren o cómputo de prazos tanto aos cidadáns como para o Concello. Para calquera xestión, a data e hora da sede é a que terá validez legal e non a do equipo dende o cal realízase o trámite. O servizo que proporciona a data e hora oficial é ofrecido polo Real Observatorio da Armada e a Sede Electrónica do Concello está sincronizada con él.

Regulación legal

O artigo 31.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Adminsitrativo Común da Administracións Publicas sinala textualmente: "os rexistros electrónicos de cada Administración u Organismo rexiranse a efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantila súa integridade e figurar de modo accesible e visible".

O artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, de 23 de outubro.

O Concello de Monforte de Lemos ten a súa sede sincronizada segundo as normas descritas, e mostra a data e hora oficial na páxina de inicio. Se o desexa pode acceder a consultar o servidor do Real Instituto e Observatorio da Armada facendo clic aquí.