Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Coñeza a sede

A sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos é a dirección electrónica a través da cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos do noso Concello. É un espazo de relación co cidadán.

O establecemento dunha sede electrónica leva a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da mesma. Deberá garantir a identificación dos medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Cada Administración Pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas, con suxeición aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.

Creación da sede electrónica

No BOP de Lugo nº 49, de 16 de maio de 2011, publicuose a Ordenanza Reguladora da Administración Electrónica do Concello de Monforte de Lemos. Dita ordenanza, no artigo 11, establecía como Punto de Acceso Xeral a dirección www.tramitacion.monfortedelemos.es (https://tramitacíon.monfortedelemos.es).

Posteriormente, o BOP de Lugo nº 60, de 13 de marzo de 2013, publicou a modificación do mencionado artigo 11, establecendo como Punto de Acceso Xeral a dirección actual www.sede.monfortedelemos.es (https://sede.monfortedelemos.es).

A publicación nas sedes electrónicas de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas respecto diso, estándares abertos e, no seu caso, aqueloutros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.