Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Cartas de servizos

Que é unha Carta de Servizo?

Unha Carta de Servizos é un documento polo que un Departamento, Servizo ou Concellería do Concello informa os cidadáns sobre:

  • Os servizos que presta e a forma de prestalos.
  • Os compromisos de calidade que asume para proporcionar un mellor servizo.

Criterios de Actualización: As Cartas de Servizos serán avaliadas e revisadas anualmente, mediante grupos de traballo que terán en conta as opinións presentadas polos cidadáns.

A quen vai dirixida?

O Concello é unha institución que presta servizo aos cidadáns, polo que a súa xestión oriéntase á satisfacción das súas necesidades e expectativas. Por este motivo, as Cartas de Servizos diríxense aos usuarios dos servizos.

Cales son os obxectivos das Cartas de Servizo?

A finalidade das Cartas de Servizos é:

  • Achegar o Concello aos cidadáns.
  • Informar os cidadáns sobre os servizos prestados polo Concello.
  • Expresar o esforzo do Concello pola mellora dos servizos municipais.
  • Establecer un nivel adecuado de calidade dos servizos e controlar o seu mantemento.
  • Posibilitar que os cidadáns opinen sobre o funcionamento dos servizos municipais.

Cales son os contidos das Cartas de Servizos?

  • O nome e labores da Unidade, Servizo ou Concellería que a emite.
  • Os servizos prestados por esa Unidade, Servizo ou Concejalí­a.
  • Os compromisos de calidade asumidos.
  • Información sobre a forma de participación dos usuarios.
  • Direccións e teléfonos da unidade.
  • Horario.

Ao principio