Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Aviso Legal

Este é un lugar web que o Concello de Monforte de Lemos (en diante O CONCELLO) pon a disposición dos cidadáns e cidadás de Monforte de Lemos e de todos os usuarios e usuarias da rede Internet. O seu obxectivo é fornecer servizo e información a todos estes usuarios e usuarias e proxectar e dar a coñecer así a cidade e a súa actividade.

Todos os dereitos están reservados. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

A información administrativa facilitada a través deste web non substitúe a publicidade e textos legais que deban publicarse formalmente no BOE, DOG (DOGA) , BOP e noutros diarios oficiais, cuxa edición impresa é o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido.

O CONCELLO non é responsable de: 

  • O contido, exactitude e actualización da información que provén doutras fontes (persoas físicas ou xurídicas e/ou outros entes administrativos), que conste no lugar web ou á que se remita a partir de ligazóns ou outros sistemas.

  • O uso por terceiros da información contida na web, aínda que se terá que ater ás advertencias que consten para determinados documentos e aplicativos. Todos os datos fornecidos polos usuarios/as non se destinarán a outras finalidades que as expresadas en cada caso, nin tampouco se facilitarán a terceiras partes, de acordo cos principios de protección de datos de carácter persoal que establece a Lei Orgánica de Protección de Datos (Lei 15/1999, do 13 de decembro).

  • Que a web que opera esta Sede electrónica e o servidor no que esta aloxada estean libres de virus e polo tanto non se fai responsable dos danos causados polo acceso ao lugar web ou pola imposibilidade de acceder ao mesmo.

Este lugar web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, sons, bases de datos e calquera outro material, son propiedade do CONCELLO, dalgún instituto, empresa ou organismo vinculado ao mesmo Concello ou de terceiros.

O CONCELLO resérvase o dereito de cambiar, modificar, ampliar contidos, informacións, aplicativos, etc. deste lugar web en calquera momento e sen previo aviso. O interese do CONCELLO é que este lugar web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para a que foi creado e por iso manteno, poñendo todos os medios razoables para conseguilo.

O CONCELLO poderá modificar sen previo aviso os termos e condicións que aparecen nesta páxina web e, por tanto, aconsellámoslle que os consulte cunha periodicidade razoable por si se producen cambios nos mesmos. Todas as modificacións que se introducen entran en vixencia no mesmo momento da súa publicación neste lugar web.

Aceptación de termos de uso

O uso deste lugar web implica a aceptación dos termos e condicións contidos nesta páxina web. Para calquera aclaración, información, suxestión, queixa, etc. poden utilizar a caixa de correos de suxestións desta web ou dirixirse á seguinte dirección:

Campo de San Antonio, s/n
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Telefono: 982 40 25 01