Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Leer más

Sistema de autenticación e sinatura

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece nos artigos 9 (Sistemas de identificación dos interesados no procedemento) e 10 (Sistemas de sinatura admitidos polas administracións públicas) os sistemas de autenticación (identificación) e sinatura admitidos para as relacións dos cidadáns coa administración pública.

Todos os certificados han de ser expedidos por prestadores incluidos na Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación.

Os sistemas establecidos para autenticación (identificación) son:

  • Os baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica. Para estes efectos, enténdense comprendidos entre os citados certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados os de persoa xurídica e de entidade sen personalidade xurídica.

  • Os baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de selo electrónico.

  • Os sistemas de clave concertada e calquera outro sistema que as administracións públicas consideren válido, nos termos e condicións que se establezan.

Os sistemas establecidos para sinatura son:

  • Os sistemas de sinatura electrónica recoñecida ou cualificada e avanzada baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica. Para estes efectos, enténdense comprendidos entre os citados certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados os de persoa xurídica e de entidade sen personalidade xurídica.

  • Os sistemas de selo electrónico recoñecido ou cualificado e de selo electrónico avanzado baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de selo electrónico.

  • Calquera outro sistema que as administracións públicas consideren válido, nos termos e condicións que se establezan.

CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS: A sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos permite o uso dos certificados dixitais seguintes:

FNMT¿Como obte-lo certificado?
CamerfirmaInformación sobre obtención de certificados conformes a normativa eIDAS
DNI electrónico         Información sobre o DNI electrónico