Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Pago de recibos e tributos

Este servizo, en colaboración coa entidade financieira ABANCA, permite o pagamento de tributos CON TARXETA de calquera entidade bancaria. Teña en conta que as operacións que pode realizar mediante a plataforma de pago telemático que ofrece ABANCA non están suxeitas ás canles de identificación/autenticación do Concello de Monforte de Lemos do mesmo xeito que outras operacións que pode realizar nesta sede electrónica, é dicir, para estas operacións non precisa de certificado electrónico.

Cando vostede utilice o botón de ACCESO AO SERVIZO da parte superior destas liñas, pasará a operar nunha nova fiestra, na pasarela de pagos on-line de ABANCA. O funcionamento e operatividade desta plataforma é responsabilidade exclusiva de ABANCA. En ningún caso se poderá reclamar o Concello de Monforte de Lemos pola inaccesibilidade ou mal funcionamento desta plataforma.

As características do servizo son a resposta ás seguintes cuestións:

Qué tipo de recibos e/ou tributos podo pagar?

O sistema permite pagar todo tipo de recibos, liquidacións e autoliquidacións, tanto en período voluntario como en período executivo.

Ten algún custe adicional este servizo?

Non, este servizo non cobra ningunha comisión por realizar calquera tipo de pagamento.

Qué información preciso para realizar o pago?

Para realizar os pagos por este procedemento precisa ter a man unha copia do recibo ou da autoliquidación emitida polo Concello de Monforte de Lemos, ademáis dunha tarxeta de crédito en vigor de calquera entidade bancaria. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria.