Sede Electronica del Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Novas da Sede

Non existen noticias nesta lista.

Mais novas

Benvido á Sede Electrónica

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artígo 13, recoñece o dereito dos cidadáns a comunicarse coas Administracións Públicas a través dun Punto de Acceso Xeral electrónico da Administración.

A sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos é a dirección electrónica a través da cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos do noso Concello. É un espazo de relación co cidadán.

O establecemento dunha sede electrónica leva a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da mesma. Deberá garantir a identificación dos medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Cada Administración Pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas, con suxeición aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.

Creación da sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos

No BOP de Lugo nº 49, de 16 de maio de 2011 (páxinas 48 a 64), publicuose a Ordenanza Reguladora da Administración Electrónica do Concello de Monforte de Lemos. Dita ordenanza, no artigo 11, establecía como Punto de Acceso Xeral a dirección www.tramitacion.monfortedelemos.es (https://tramitacíon.monfortedelemos.es).

Posteriormente, o BOP de Lugo nº 60, de 13 de marzo de 2013 (página 2), publicou a modificación do mencionado artigo 11, establecendo como Punto de Acceso Xeral a dirección actual www.sede.monfortedelemos.es (https://sede.monfortedelemos.es).

A publicación nas sedes electrónicas de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas respecto diso, estándares abertos e, no seu caso, aqueloutros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.